Miña conta
0 artigos

¡Aínda non hai produtos!

Quenes somos

Clic Publicidade somos unha empresa de Boiro (A Coruña) na que ofrecemos variedade de servizos para satisfacer todos as necesidades relacionadas coa publicidade e serigrafía.

En Clic Publicidade traballamos a diario para poder satisfacer en todo momento as necesidades dos nosos clientes. Todos os traballos de impresión, serigrafía ou publicitarios que facemos, polo tanto, son personalizados e atenden ás necesidades, gustos e esixencias dos nosos clientes.

Dentro dos servizos que ofrecemos na tenda online Clic Publicidade podemos diferenciar entre serigrafía, tampografía, bordado, impresión con transfer, láser ou gota de resina, termogravado, sublimación ou serigrafía circular.

Coñece todas as nosas técnicas e servizos:

Serigrafía

Esta técnica consiste na impresión dun logo o un debuxo con tintas de cores en distintas superficies, como poden ser as bolsas de papel ou as superficies téxtiles.

Tampografía

Usamos esta técnica para a impresión de logos, debuxos ou gráficos en obxectos pequenos. Tampografiamos lapis, bolígrafos, calculadoras, chaveiros...

Bordado

Bordamos con fibras téxtiles en camisetas, gorras, mochilas, polos, prendas de abrigo... Traballamos de maneira personalizada para adaptarnos aos teus gustos.

Transfer

Consiste en aplicar un calco e, por efecto do calor, realizar estampacións en varias cores. Esta técnica pode aplicarse en superficies téxtiles e bolsas.

Láser

Este método o utilizamos sobre todos os materiais que non admiten o gravado con titnas. Así, a usamos sobre metal, vidro, coiro, pel...

Gota de resina

Utilizamos as gotas de resina transparente para recubrir a impresión sobre unha superficie grafica ou papel. Con este técnica asegurámonos de que non se dane ou borre.

Termogravado

É unha técnica de marcaxe en seco por transferencia térmica. Realízase a partir dun cruño e se traballa sobre coiro, carteiras, cartafois...

Sublimación

É a transferencia dunha imaxe impresa dun papel especial a un obxecto ou prenda a través de calor. O resultado é unha marcaxe de gran resistencia a temperaturas extremas.

Serigrafía circular

Esta técnica se emprega para reproducir imaxes en superficies cónicas ou redondas como poden ser lapis, vasos, bolígrafos, chisqueiros...

NEWSLETTER

Suscríbete o noso newsletter para recibir ofertas e novidades exclusivas.